Aos cincuenta e tres anos sigo intentando aprender a pintar. Se puidese, pintaría como Ingres ou como Rafael de Urbino, pero teño que resignarme a parecerme a min mesmo.
Parafraseando a F. Pessoa sigo preferindo rosas e magnolias á patria, á gloria e á virtude. Aínda me sorprende a beleza do insignificante: unha pechadura oxidada, unhas botas gastadas ou rotas, a humilde flor dos camiños…

www.antonfernandez.com