Rubén Vilanova Closer

Rubén Vilanova
Ourense, 1978
Fotógrafo de formación e profesión. Ten exposto de maneira tanto individual como colectiva en lugares da nosa xeografía e de fóra (Alemaña, Portugal, Turquía…). Foi premiado e recoñecido en varias ocasións (Purificación García, Imagomoenium, Gzcrea, Deputación de Ourense entre outros).

Closer

A colaboración entre artista e o espazo é notable, usando para as pezas de Closer as materias primas do restaurante cunha abstracción coa que só se chegan a percibir texturas e cores nunha imaxes cunha arrebatadora técnica da que Vilanova é fiel.
As fotografías de «Closer» son fotosegmentacións macro que pretenden propositadamente un acto de erradicación de toda referencia. A base de hiper-
referenciar con precisión o que estaría constituído pola materia do negado, exercitando no/a espectadora unha certa descrenza -lema desta 35 edición do
festival- que lexitima o acto fotográfico: Rubén proporciona documentos que máis alá da estética teñen indicios de realidade que debemos desentrañar, sempre
que queiramos responder ao reto prantexado coma un xogo intuitivo, convertindo así o acto de ver nun acto de entender. Así, a fotografía, de ser irrefutable rastro do que é pasa a ser unha provocación para coñecer o que contén.

www.rubenvilanova.com