Bodega
Sentimos unha gran sensibilidade pola viña e somos conscientes de que, tras unha botella de viño transmítese o noso traballo, a nosa cultura e , en definitiva, a nosa maneira de entender o viño.
A carta de viños é a extensión da nosa cociña; un compromiso co produto de cercanía, cada viño unha ilusión, unha mirada a paisaxe, unha mensaxe que transforma e engrandece o noso territorio, con historias de viticultores que merecen ser contadas.
Viños dunha linguaxe ancestral, de viticultores que son parte do lugar e lle atopan a alma ás cepas, poñendo en valor a gran diversidade de variedades autóctonas, climas, chans, mar, ríos, manantiais e montañas que ten Galicia.