No sur de Ourense (Vilariño das Touzas, Riós) no lugar coñecido coma Forxa, aparece no ano 1995 unha cista da Idade do Bronce con restos de fermentos de cereais e almidóns afectados polo malteado no que sería o testemuño máis antigo de cervexa de Galicia.
Cista da Forxa é a nosa homenaxe a eses produtores/as de cervexa de hai case 4000 anos.
É unha cervexa de trigo, avena e centeo, con pel de laranxa e cilantro. Baseada no estilo witbier, pero fermentada con levadura neutra para acentuar os cereais e o cítrico das especias/lúpulo.
Disponible dende xa en Nova!